domingo, 29 de noviembre de 2015

Honorio Calabuig, meu avó paterno

Meu avó paterno chámase Honorio Calabuig Gonzalez e naceu o 4 de septembro do 1930 na localidade valenciana de Picassent nunha casa onde seu pai adicábase as labores do campo e súa nai estaba “en amo”, expresión que utilizabase para referirse a que traballaba na casa de un terrateniente da localidade facendo as labores propias da limpieza da casa. Meu iaio –en adiante referireime así ó meu avó xa que é o nome polo que se lles chama ós avós en Valencia- recibiu seu nome coma mostra de afecto da miña avoa hacia os donos da casa onde ela traballaba,  xa que tiñan un fillo co mesmo nome. Meu iaio non tivo unha vida doada, xa que comezou a traballar recolectando uvas a  idade de 9 anos, o que lle impediu asistir a escola, aínda que dunha forma u otra aprendeu a ler e escribir. Este traballo non era calquera cousa xa que naquela época para ir a traballar se tiña que desplazar andando moitos kilómetros, o que implicaba ter que quedarse a dormir no campo ao raso, cousa impensable na época actual. Por se era pouco, viviu a guerra civil española con 6 anos de idade, non en vano raro é o día que non contame algunha historia desos anos na que non fale do hambre que se pasaba ao non ter mais alimentos que os poucos que lles proporcionaban o sua horta a escasos metros da casa onde vivían e que consistía básicamente en boniatos, alcachofase e poucas hortalizas mais, sendo pouco habitual a carne e inexistente o pescado pese a ter o porto pesqueiro de Valencia a poucos kilómetros.

Na súa adolescencia traballou transportando alimento dende el mercado de abastos de Valencia cun carro e unha egua ata o mercado do pobo, o que implicaba levantarse as 3 da madrugada para estar de volta antes do amencer. Foi nesa época cando coñeceu a miña iaia que vivía na rúa principal do pobo e a que conquistou ofrecendolle laranxas cada vez que pasaba por diante da súa casa. Unha vez casado, meu iaio seguiu adicándose  a traballos no campo xa que no seu pobo non existía aínda a industria e tampouco tiña ningún tipo de estudos que lle permitira traballar en algo menos duro. Co seu traballo mantivo a súa muller e tres fillos nos que que esta o meu pai e os mantivo dunha forma nos que o nivel de vida non era demasiado baixo ó conseguir traballo coma encargado dunha finca de laranxas de considerable tamaño da que era dono un terrateniente da época na que traballou ata os 56 anos de idade na que o terrateniente vendeu a sua finca e meu iaio quedouse sen traballo. A partir dese momento seguiu traballando "a xornal"que significaba ir traballando no que os donos dos naranxos ofrecían dia a dia. Esos ofrecimientos de traballo se realizaban na plaza do pobo, onde había bares e reuníanse as persoas que ofrecían traballo e as que o buscaban. Teño que dicir que o meu iaio nunca foi unha persoa que lle gustasen os bares, nin sequera era amigo de tomar ningún tipo de alcohol coma era normal nas persoas da súa época. Pouco tempo maís tarde comezou a ter graves problemas de artrosis en todas as articulaciones do seu corpo, o que lle producía unha dor increíble a hora de traballa no que sempre habia feito desde a súa niñez, pocas veces queixábase, chegando así a idade de xubilación na que seguiu traballando en catro campos dos que era propitario tras o traballo de toda a súa vida. 

Hoi en dia o meu iaio é unha persoa de 85 anos que ten unha saúde moi delicada debido a dureza da súa vida e que vive unha vellez tranquila grazas os coidados da miña iaia que o coida as 24 horas de dia a conciencia e con moito cariño. É unha persoa moi feliz a pesar das súas dolencias, que se caracteriza por lo mismo que fixo toda a súa vida, traballar de forma dura sen meterse en asuntos axenos e non desexar nengún mal a nadie. Está moi orgulloso dos seus fillos e da súa esposa, e sólo espera que toda su familia se reúna en fechas señaladas para disfrutar da nosa compañía, aproveitando desos momentos pra contarnos a súas batallitas os seus netos que non ve en todo o ano por vivir lonxe de Valencia.

domingo, 22 de noviembre de 2015

Miquel Juan I lerma, meu tío avó

Miquel Juan I Lerma naceu no ano 1926 na localidade Valenciana de Catarroja,  era o irmá maior da miña avoa por parte de pai, foi unha persoa con moitas curiosidades e moi adiantada para ó seu momento. Xunto a miña avoa  mais seus pais cambiaron a sua vivenda pola de outra localidade cercana chamada Picassent onde o seu pai tiña unha carpintería no que o dia de hoxe é a casa da miña avoa, criouse o meu pai e paso eu os veranos e navidades.

Miquel comezou a traballar ós dezasete anos no Banco Hispano Americano ca particularidade de ingresar directamente coma administrativo e non coma botones coma era típico na época, destacou na súa poboación na faceta cultural xa que era unha persoa moi culta e intelectual coma demostran as numerosas enciclopedias e obras que aínda conserva a miña avoa, destacando a literatura catalanista da que era fervente defensor, aínda hoxe é recordado na súa localidade por fundar a primeira escola de lingua catalana no pobo no que residía, de feito actualmente barallase a posibilidade de nomear unha estrada en Picassent co seu nome.

Velaquí unha foto do banco no que traballou ata sua morte.




Tamén destacou no ámbito dos grupos musicais da época sempre coa fala catalana por bandeira. A pesares da súa intelixencia non casou nunca por mor segun miña avoa da súa delicada saúde xa que tivo graves problemas pulmonares e pasou moitas epocas da súa vida nun sanatorio e foi operado na súa xuventude estirpandole un pulmón e sendo operado polo xenro do xeralísimo natural de Ferrol Francisco Franco. Posiblemente froito da súa saúde foi un vexetariano da súa época sorprendendo a súa familia con comidas a base de ortigas e herbas do campo que hoxe son coñecidas pola súa capacidade alimenticia. Foi un viaxante empedernido xa que cada verán collía a súa mochila e os dedicaba a viaxar por toda Europa e aprender novos coñecementos esta faceta viaxante foi unha das causantes da súa excepcional sabedoria para a súa época. Meu pai mais o meu tío a dia de hoxe conservan agasallos que el mismo traialles normalmente instrumentos musicais coma ármonicas italianas maís un acordeon pequeniño de París.

Debido a súa enfermidade pulmonar e a recomendación dos doutores de pasar o maior tempo posible en climas secos e gran cantidade de humidade que hai en Valencia comezou a pasar as vacacións veraniegas na poboación Turolense de Bronchales situada na Serra de Albarracín levando nos seus períodos estivais xunto a súa nai o meu pais mais os meus tíos, froito daquelas vacacións terapeuticas meu seguiu desprazandose no mes de agosto a aquila localidade despois de a morte do seu tio no ano 1975. Seguendo a costume unha vez casoause coa miña nai e continuando conmigo e miña irmá ata actualidade, esta localidade descuberta polo meu tio avó e unha das mas bonitas de España no meu punto de vista e a mais alta de España al encontrarse a 1750 metros de altitude.

Velaquí unha foto desta localidade




En conclusión nesta familia sentimonos moi orgullosos de este personaxe que gustariame a ver coñecido en vida e que na actualidade tendría idade de 89 anos.

domingo, 15 de noviembre de 2015

Meu avó materno

Meu avo chámase Manuel Amor e naceu o 27 de maio do 1927 na localidade lucense de Viveiro en Galicia, criouse nunha familia onde o meu tataravó traballaba nun negocio de zapatos a medida e a miña tataravoa nunha fábrica de conservas de bonito ambso negocios en Viveiro, conviviu na sua infacia con dez irmáns dos cales dous morreron noviños. A pesar das súas raíces Manuel non quería seguir os pasos da súa familia e entón el máis os seus irmáns comezaron pola rama de musical, meu avó era o pequeno dos dez irmáns e, xa con 5 anos comezou desfilando,axudando e aprendendo na rondalla dos seus irmáns e o seu pai, comezando a tocar a percusión. Dende o 1933 ata 1943 estivose formando coma músico na banda municipal de viveiro que formou a súa familia.

Velaquí unha foto desta banda finales dos vinte.



No ano 1944 foise da súa vila natal  Viveiro para emigrar a Ferrol e meterse na mariña como músico militar no tercio norte onde gañabase o sustento para súa familia. Manuel aparte de traballar cada mañá no seu oficio de músico militar, polas tardes dedicabase a sua pasión de acompañar a famosos cantantes de talla nacional e internacional como por exemplo o duo dinámico, Julio Iglesias, Antonio Machín, Juan Pardo. Tambén realizaba traballos no noso teatro Xofre para copla española con sobretodo unha famosa coplista española da época chamada Estrellita Castro.

Velaquí unha foto dos artistas que acompañaba:

Duo Dinámico

Julio Iglesias

 Estrellita Castro





A parte da súa vida fóra do seu traballo, nel tamén fixo cousas importantes coma dar tres veces a volta o mundo co buque escola Juan Sebastian Elcano que aún a dia de hoxe deixanme historias interesantes que escoitar nos ratos libres. Fai dous anos galardonaronlle co recoñecemento coma músico militar mais antigo en vida de Ferrol no que o Coronel do tercio visitóulle na súa propia casa. Meu avó foi unha persoa moi deportista cousa que posiblemente herei del, foi das primeiras persoas que facían footing en Ferrol e competía por toda España nos Campeonatos interexército de atletismo nos que gañou numerosas medallas e trofeos que seguen a dia de hoxe espostos na sua casa, o golpe de estado que de Tejero colleulle nunha carreira en Cádiz, non só era un aficionado do atletismo senón que o unha das suas pasións ata o dia de hoxe foi o fútbol e xogaba de porteiro no equipo de futsal do tercio norte, e no que a min respecta dende o seis anos levoume a ver a un dos dous equipos da meu corazón que son a dia de hoxe son unha forma de vida para min que é o Racing de Ferrol, inculcoume un deporte que é moito mais que iso para min.


En conclusión o meu avo quizais non foi a persoa máis importante no mundo pero sen dúbida si foi unha persoa crucial e prestixiosa na miña familia, non polos seus logros senón por manter unha familia enteira traballando para crear o que hoxe é unha familia moi unida, oxalá ter unha vida tan interesante coma a que tivo o meu avó e segue tendo agora con 88 anos, dous fillas, 6 netos e dous biznetos, cousa das que non pode lucir calquera persoa xa pola súa lonxevidade e pola súa calidade da vida xa que casi 100 anos mas tarde do seu nacemento non tevo ningunha enfermidade grave.

domingo, 8 de noviembre de 2015

Megalitos, dólmenes, menhires..

A Comunidade Autónoma Galicia está a cada paso que damos chea de elementos artísticos da cultura castrexa, non obstante estas obras feitas fai moitísimos estan a barbeito, é dicir moi descoidadas e por extraño que pareza a ninguén impórtanlle estas fantásticas mostras de como viviron os nosos antepasados. Noutros países como Inglaterra estos dólmenes que alí chamanlle cromlech están moi ben coidados e persoas de moitos paises visitan estas obras con moita frecuencia, por qué o que para nós son catro pedras unha encima de outra e a ninguén lle importan noutros paises son lugares de interese cultural e patrimonio da humanidade? Está explicación baixo o meu punto de vista non é outra polo pouco amor propio que temos os galegos por nós mesmos que nin sequera en moitas zonas falamos o noso propio idioma, por razóns que descoñezo a todos gustanos mais o extranxeiro preferimos utilizar frases inglesas nas nosas camisetas ou comprar cousas de marcas extranxeiras.

Nestas imaxes podemos observar de forma moi clara o ben coidadas que estan as obras castrexas en Inglaterra e o descoidadas que están na nosa comunidade Galicia.


Velaquí Galicia

Velaquí Inglaterra



Como soese dicir unha imaxe vale mais que mil palabras.. Sen ir mais lonxe na miña localidade que é ferrol temos obras de este tipo ata dentro da cidade en propiedades privadas, e increíble que algo que tería que ter unha reclama mundial nin sequera a coñecezamos nós os cidadanos de esta localidade. Comprobei isto o preguntarlle ós meus achegados maís cercanos se coñecían megalitos ou dólmenes cerca e a resposta deles foi que si habia unhas pedras por ali onde Xesus perdeu a chancleta medio derruidas con maís ano que as pirámides exipcias. Para min como galego e como persoa fastidiame moito que teñamos algo de tanto valor cultural do que deberíamos de poder fardar coma as nosas praias,acantilados, a nosa catedral de Santiago ou o noso triatleta campeón do mundo Gomez Noya non teña ningún tipo de recoñecemento e non o coñeza ninguén. E quizais non vaiamos a morirnos por non coñecer nunca estas obras pero tampouco sen coñecer a torre Eiffel ou Cristo Redentor pero a que todos queremos vistar Brasil e Francia para ver estes monumentos recoñecidos mundialmente?

A día de hoxe estes monumentos están sendo víctima de non só desprezo e pouco recoñecemento senón que moitos vándalos as estaán destrozando e baixo o meu punto de vista en poucos anos estarán cheos de grafitis con firmas de nenos de 15 anos o que é unha pena que despois de tantísimos anos que se mantiveron estes monumentos por culpa de esta sociedade de irrespetuosos quedemonos sen un pedaciño da historia galega e do mundo.

Na miña opinión deberíamos valorar maís estas cousas tan importantes e querernos como se queren outras rexións porque se non queremonós nos? quén nos vai querer? 
E valorando coidaríamos moito mais estes tesouros que brindounos a terra galega, o que atraeria a moitos maís turistas que chearían de diñeiro e riquezas a nosas teras cousas moi importantes nesta sociedade en plena crisis económica.

lunes, 2 de noviembre de 2015

Mr. Sandman

Fai no mais de dúas semanas vin unha pelicula moi coñecida que marcoume bastante e deume moito que pensar esta película é "Mr.Nobody" e a súa banda sonora soa cada moi pouco tempo e chamoume moito a atención. Esta canción é "Mr Sandman" de 1954 e tamén sae nunha das miñas series favoritas "The Simpsons" e unha canción moi antigua e chamome a atención o personaje do que fala chamado Sandman. Sandman significa home area pero o buscar un pouco mais descubrín que era un ser mitolóxico celta.
Estas cancións son moi coñecidas e deixarei uns enlaces delas por se non coñecedes a canción ou a coñecedes pero apetecevos escoitarla de novo tanto orixinal coma no capitulo dos simpson.

Velaquí na parte do episodio dos simpsons que sale:

https://www.youtube.com/watch?v=gadHAjgiqJY

É velaquí a cancion completa de The Chordettes un grupo moi antigo dos anos cincuenta:


https://www.youtube.com/watch?v=oNuX7bs2qAM



Sandman é un ser mitóloxico da cultura celta e podería vir da época castrexa. O término ven de dúas palabras inglesas que son sand que significa area e man que significa home. Según conta a lenda este personaxe é o que causanos o sono e se lle pedía que nos dera bós soños e non malos cada noite antes de dormir, os nosos antepasados deberon relacionar o picor que prodúcenos a area no pel cando estamos na praia o en calquer sitio areoso coa sensación de ter sono que é coma unha especie de picor nos ollo e supoño que non entendían o por qué de esta sensación e atribuíronlla a este personaxe que segun día a lenda iba con bolsitas de area de forma oculta e nos introducia area dentro da cavidade ocular, outra das capacidades que atribuían a este personaxe e a de crear as legañas mentres durmimos porque supoño que non entenderían de onde saían as legañas.

Sandman - 1600x1200 - 4:3


Co paso de tempo esta lenda celta utilizóuse na época contemporánea com historieta para os nenos máis pequenos para explicarlles de forma cómica o soño. Esta é unha das moitas lendas que se contan os nenos para contestar a todos esos porques cando teñen corta idade.


Este ser mitóloxico despertoume unha gran curiosidade, pareceume moi interesante e leveime unha gran sorpresa ó descubrir que procedía das nosas raíces celtas. Esta e unha demostración de que hai que interesarse polas cousas que nos rodean e buscarlle sentido para formarse culturalmente pódese aprender moito coa curiosidade.


Esta historia demostra que os nosos antepasados tiñan moita imaxinación coas lendas e seres mitóloxicos que se inventaban para darlle explicación as cousas, sen embargo tamén demostra a ignorancia destes por non ver a improbabilidade de que estas historias fosen reales. Non obstante deixáronnos unha gran cultura mitolóxico moi interesante e divertida para pasar bós ratos.





sábado, 24 de octubre de 2015

Rochas Sanadoras en Galicia e a Santa Compaña

Galicia é unha terra onde as persoas son moi crentes, polo que cada lugar, cada recuncho e en xeral cada cousa ten o seu mito. Un claro exemplo de que calquera cousa pode ter o seu mito ou crenza esta nas supostas rochas sanadoras que se encontran por toda a rexión galega, dous das mais coñecidas son A Pedra dos Cadrís que encóntrase na localidade Coruñesa de Muxía, que ten a capacidade de curar as dores de riñon, lumbares e reuma, e A Pedra de Abalar na mesma localidade.
Aqui deixovos unha imaxe de cada unha.

Velaquí a Pedra de Avalar

Velaqui A Pedra dos Cadrís


Estas crenzas baixo o meu punto de vista son unha parvada pouco creible e moi fantasticas, entón ocorriuseme esta historia que podería mostrar a forma na que poido comezar esta lenda.

Pedriño Castro levaba semanas cun catarro e a sua nai xa había probado con todo, cucarachas con garu, ás de volvoreta, sopa de pedras e xa non sabía que mais probar para que ese maldito catarro marchara. Unha mañana decidiu que o seu fillo Pedriño non podería pasar toda a súa vida no seu castro encerrado e mandoullo a dar unha volta cos seus amigos para despexar . Pedriño fillo moi obedente decidiu acatar as ordes da súa a nai o foi dar unha volta a praia cos seus amigos Xandre e Kike. Ó chegar a praia os tres amigos puxéronse a xogar ó fútbol rocha, e Pedriño a causa do seu catarro fatigouse moito e sentouse nunha rocha. Despois de varias horas sentados na rocha Pedriño xa non estaba atascado e encontrábase moitísimo mellor que unhas horas atras posiblemente grazas os aires mariños que teñen esa capacidade , pero Pedriño, Xandre e Kike atribuíronlle esta capacidade a esta rocha. Co tempo estos tres amigos divulgaron entre os seus coñecidos esta lenda e xeración a xeración chegou ata nós.

Sen dúbida este é un exemplo de moitos de como podería chegar ata nos estas lendas. Nesta época posiblemente a fronteira entre casualidade e mito era moi curta, pero a verdade e que moitos mitos son interesantes e son unha boa excusa para visitar terras galegas cos nosos familiares, pese a reflexar a ignorancia das persoas desta época .


Outros dos mitos mais interesantes e atractivos para min é posiblemente mais coñecido nas terras Galegas, o da Santa Compaña.





A Santa Compaña según conta a lenda é a procesión dos mortos vestidos con sabanas e todo tipo de roupas fantasmacales emitindo sons relixiosos. Non todas as persoas son capaces de ver cos seus ollos a Santa Compaña. Na miña opinión esta historia é moi interesante pero ten tanto de interesante como de fantástica pero se me ocorre unha historia que podería explicar de forma razonable a orixe da Santa Compaña.

Esta historia sucedeu o 28 de Decembro na época castrense. Pedriño preparaba unha broma pesada para o seus amigos, pero non podería ser unha broma calquera sendo o dia dos Santos Inoncentes, e quería facer algo relacionado cos mortos unha das peores fobias de Xandre e Kike. Preparou a sua broma de forma moi coidadosa con sabanas e os seus primos. O chegar as 12 Pedriño e os seus primos sorprenderon a Xandre e a Kike de camiño o castro disfrazados de fantasmas, Xandre e Kike pasaron tanto medo que fixeronso nos pantalóns. Esta historia fixo tanta gracia nos días seguintes na escola castrense que cada ano decidiron repetir esta fazaña recordando esta broma de Pedriño.

Esta podería ser unha das orixes de este mito tan divertido para contar nunha de esas noites que non hai nada que facer.




domingo, 18 de octubre de 2015

Os Mouros

Os mouros son uns dos seres mitolóxicos galegos, mais coñecidos porque según a tradicción oral foron os constructores de moitos dos monumentos megalíticos galegos e castros, formaban parte de un poboado máxico que vivía en Galicia hace moitísimos anos e por raro que pareza esta palabra destinada os seres mitolóxicosgalegos posteriormente utilizouse para referirse a o forasteiro.

Existe unha pequena diferenza que poucas persoas coñecen entre mouros e mouras e é bastante importante. As mouras eran espíritus de la naturaleza en las que predomina o sobrenatural e individual mentras que os mouros eran unha raza de seres ancestrales onde primaba o colectivo, é dicir, a raza. Os mouros traballaban na orfebrería mentras que os mouras eran feiticeiras.

Estos seres vivían en tuneles no subsolo segun unha teoría pouco convencional e bastante fantástica a terra por dentro non esta chea de lava e capas como nos queren esconder os xeólogos, senón que esta e hoca e ten pequenos teitos que serven como fronteira entre mundos nos que residen seres mitolóxicos como os mouros. Esta teoría posiblemente escondena os mais sabios porque non estaría aceptada polo pobo sembrando o medo dunha posible guerra de mundos. Pensáse que nalgun lugar próximo as costas galegas existe unha cova submariña que serviría nun hipotético caso de ponte hacia o mundo dos mouros. Este mundo foi creado polos mouros tras unha guerra cos valientes campesiños galegos que tras séculos de aguantar o acoso destes seres decidieron plantarlle cara conseguindo expulsalos das nosas terras e botandoós polos acantilados mais altos de Galicia
.

Os mouros son moi importantes na cultura galega, incluso están reflexados en algúns dos textos dos mellores escritores galegos como o é Vicente Risco. Esta importancia na cultura galega dos mouros pode ter relación ca cantidade de tratos que facían estes seres cos humanos facilitándolles a vida dunha forma significativa, nestes negocios os mouros sempre pagaban con ouro e se enterábanse de que os humanos os timaban dalgunha forma este ouro transformabanse en carbón.
Tiñan unha vida moi similar a dos campesiños facendo tarefas como os mortais pero eran moitos mais grandes e fortes que estes polo que siempre tiñan o mando das terras.

Na miña opinión estos seres coma seres mitolóxicos da Antiga Grecia non deixan de ser unha resposta as preguntas sen responder de esta época, buscaban no fantástico estas resposta coma na fé cristiana quizá sea demasiado duro que despois dunha vida de chea de inxustizas e sufrimentos esta acabe sen pena nin gloria. Sen dubida estas historias a pesar de ter pouca verdade son moi interesantes y podes pasar un bó rato lendo sobre elas e informandote porque nunca esta demais saber sobre o noso pasado.Un saúdo!