domingo, 15 de noviembre de 2015

Meu avó materno

Meu avo chámase Manuel Amor e naceu o 27 de maio do 1927 na localidade lucense de Viveiro en Galicia, criouse nunha familia onde o meu tataravó traballaba nun negocio de zapatos a medida e a miña tataravoa nunha fábrica de conservas de bonito ambso negocios en Viveiro, conviviu na sua infacia con dez irmáns dos cales dous morreron noviños. A pesar das súas raíces Manuel non quería seguir os pasos da súa familia e entón el máis os seus irmáns comezaron pola rama de musical, meu avó era o pequeno dos dez irmáns e, xa con 5 anos comezou desfilando,axudando e aprendendo na rondalla dos seus irmáns e o seu pai, comezando a tocar a percusión. Dende o 1933 ata 1943 estivose formando coma músico na banda municipal de viveiro que formou a súa familia.

Velaquí unha foto desta banda finales dos vinte.



No ano 1944 foise da súa vila natal  Viveiro para emigrar a Ferrol e meterse na mariña como músico militar no tercio norte onde gañabase o sustento para súa familia. Manuel aparte de traballar cada mañá no seu oficio de músico militar, polas tardes dedicabase a sua pasión de acompañar a famosos cantantes de talla nacional e internacional como por exemplo o duo dinámico, Julio Iglesias, Antonio Machín, Juan Pardo. Tambén realizaba traballos no noso teatro Xofre para copla española con sobretodo unha famosa coplista española da época chamada Estrellita Castro.

Velaquí unha foto dos artistas que acompañaba:

Duo Dinámico

Julio Iglesias

 Estrellita Castro





A parte da súa vida fóra do seu traballo, nel tamén fixo cousas importantes coma dar tres veces a volta o mundo co buque escola Juan Sebastian Elcano que aún a dia de hoxe deixanme historias interesantes que escoitar nos ratos libres. Fai dous anos galardonaronlle co recoñecemento coma músico militar mais antigo en vida de Ferrol no que o Coronel do tercio visitóulle na súa propia casa. Meu avó foi unha persoa moi deportista cousa que posiblemente herei del, foi das primeiras persoas que facían footing en Ferrol e competía por toda España nos Campeonatos interexército de atletismo nos que gañou numerosas medallas e trofeos que seguen a dia de hoxe espostos na sua casa, o golpe de estado que de Tejero colleulle nunha carreira en Cádiz, non só era un aficionado do atletismo senón que o unha das suas pasións ata o dia de hoxe foi o fútbol e xogaba de porteiro no equipo de futsal do tercio norte, e no que a min respecta dende o seis anos levoume a ver a un dos dous equipos da meu corazón que son a dia de hoxe son unha forma de vida para min que é o Racing de Ferrol, inculcoume un deporte que é moito mais que iso para min.


En conclusión o meu avo quizais non foi a persoa máis importante no mundo pero sen dúbida si foi unha persoa crucial e prestixiosa na miña familia, non polos seus logros senón por manter unha familia enteira traballando para crear o que hoxe é unha familia moi unida, oxalá ter unha vida tan interesante coma a que tivo o meu avó e segue tendo agora con 88 anos, dous fillas, 6 netos e dous biznetos, cousa das que non pode lucir calquera persoa xa pola súa lonxevidade e pola súa calidade da vida xa que casi 100 anos mas tarde do seu nacemento non tevo ningunha enfermidade grave.

No hay comentarios:

Publicar un comentario