Nestas imaxes podemos observar de forma moi clara o ben coidadas que estan as obras castrexas en Inglaterra e o descoidadas que están na nosa comunidade Galicia.
Velaquí Galicia

Velaquí Inglaterra

Como soese dicir unha imaxe vale mais que mil palabras.. Sen ir mais lonxe na miña localidade que é ferrol temos obras de este tipo ata dentro da cidade en propiedades privadas, e increíble que algo que tería que ter unha reclama mundial nin sequera a coñecezamos nós os cidadanos de esta localidade. Comprobei isto o preguntarlle ós meus achegados maís cercanos se coñecían megalitos ou dólmenes cerca e a resposta deles foi que si habia unhas pedras por ali onde Xesus perdeu a chancleta medio derruidas con maís ano que as pirámides exipcias. Para min como galego e como persoa fastidiame moito que teñamos algo de tanto valor cultural do que deberíamos de poder fardar coma as nosas praias,acantilados, a nosa catedral de Santiago ou o noso triatleta campeón do mundo Gomez Noya non teña ningún tipo de recoñecemento e non o coñeza ninguén. E quizais non vaiamos a morirnos por non coñecer nunca estas obras pero tampouco sen coñecer a torre Eiffel ou Cristo Redentor pero a que todos queremos vistar Brasil e Francia para ver estes monumentos recoñecidos mundialmente?
A día de hoxe estes monumentos están sendo víctima de non só desprezo e pouco recoñecemento senón que moitos vándalos as estaán destrozando e baixo o meu punto de vista en poucos anos estarán cheos de grafitis con firmas de nenos de 15 anos o que é unha pena que despois de tantísimos anos que se mantiveron estes monumentos por culpa de esta sociedade de irrespetuosos quedemonos sen un pedaciño da historia galega e do mundo.
Na miña opinión deberíamos valorar maís estas cousas tan importantes e querernos como se queren outras rexións porque se non queremonós nos? quén nos vai querer?
E valorando coidaríamos moito mais estes tesouros que brindounos a terra galega, o que atraeria a moitos maís turistas que chearían de diñeiro e riquezas a nosas teras cousas moi importantes nesta sociedade en plena crisis económica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario