sábado, 24 de octubre de 2015

Rochas Sanadoras en Galicia e a Santa Compaña

Galicia é unha terra onde as persoas son moi crentes, polo que cada lugar, cada recuncho e en xeral cada cousa ten o seu mito. Un claro exemplo de que calquera cousa pode ter o seu mito ou crenza esta nas supostas rochas sanadoras que se encontran por toda a rexión galega, dous das mais coñecidas son A Pedra dos Cadrís que encóntrase na localidade Coruñesa de Muxía, que ten a capacidade de curar as dores de riñon, lumbares e reuma, e A Pedra de Abalar na mesma localidade.
Aqui deixovos unha imaxe de cada unha.

Velaquí a Pedra de Avalar

Velaqui A Pedra dos Cadrís


Estas crenzas baixo o meu punto de vista son unha parvada pouco creible e moi fantasticas, entón ocorriuseme esta historia que podería mostrar a forma na que poido comezar esta lenda.

Pedriño Castro levaba semanas cun catarro e a sua nai xa había probado con todo, cucarachas con garu, ás de volvoreta, sopa de pedras e xa non sabía que mais probar para que ese maldito catarro marchara. Unha mañana decidiu que o seu fillo Pedriño non podería pasar toda a súa vida no seu castro encerrado e mandoullo a dar unha volta cos seus amigos para despexar . Pedriño fillo moi obedente decidiu acatar as ordes da súa a nai o foi dar unha volta a praia cos seus amigos Xandre e Kike. Ó chegar a praia os tres amigos puxéronse a xogar ó fútbol rocha, e Pedriño a causa do seu catarro fatigouse moito e sentouse nunha rocha. Despois de varias horas sentados na rocha Pedriño xa non estaba atascado e encontrábase moitísimo mellor que unhas horas atras posiblemente grazas os aires mariños que teñen esa capacidade , pero Pedriño, Xandre e Kike atribuíronlle esta capacidade a esta rocha. Co tempo estos tres amigos divulgaron entre os seus coñecidos esta lenda e xeración a xeración chegou ata nós.

Sen dúbida este é un exemplo de moitos de como podería chegar ata nos estas lendas. Nesta época posiblemente a fronteira entre casualidade e mito era moi curta, pero a verdade e que moitos mitos son interesantes e son unha boa excusa para visitar terras galegas cos nosos familiares, pese a reflexar a ignorancia das persoas desta época .


Outros dos mitos mais interesantes e atractivos para min é posiblemente mais coñecido nas terras Galegas, o da Santa Compaña.





A Santa Compaña según conta a lenda é a procesión dos mortos vestidos con sabanas e todo tipo de roupas fantasmacales emitindo sons relixiosos. Non todas as persoas son capaces de ver cos seus ollos a Santa Compaña. Na miña opinión esta historia é moi interesante pero ten tanto de interesante como de fantástica pero se me ocorre unha historia que podería explicar de forma razonable a orixe da Santa Compaña.

Esta historia sucedeu o 28 de Decembro na época castrense. Pedriño preparaba unha broma pesada para o seus amigos, pero non podería ser unha broma calquera sendo o dia dos Santos Inoncentes, e quería facer algo relacionado cos mortos unha das peores fobias de Xandre e Kike. Preparou a sua broma de forma moi coidadosa con sabanas e os seus primos. O chegar as 12 Pedriño e os seus primos sorprenderon a Xandre e a Kike de camiño o castro disfrazados de fantasmas, Xandre e Kike pasaron tanto medo que fixeronso nos pantalóns. Esta historia fixo tanta gracia nos días seguintes na escola castrense que cada ano decidiron repetir esta fazaña recordando esta broma de Pedriño.

Esta podería ser unha das orixes de este mito tan divertido para contar nunha de esas noites que non hai nada que facer.




No hay comentarios:

Publicar un comentario