Nesta entrada decidín coller un dato completamente distinto ao da entrada anterior, un dato moito mais negativo que é a tasa de desempleo en España. Actualmente a tasa de desempleo no noso país e dun 22,7%.
Nesta vida que imaxínome eu tería xa un empleo fixo porque non quero imaxinarme unha vida de miseria e menos nestos momentos que está tan a orde do día desahucios, desempleo, persoas que teñen que sair do país para conseguir traballo, pais que non poden proporcionarlle os seus fillos unha casa ou comida, quizais dende a miña posición estou moi lonxe porque afortunadamente podo dicir que meus pais teñen traballo e na miña casa nunca tiven falta de nada pero o medo de acabar deste modo e real porque a miña vida non esta para nada resolta estou en segundo de bachiller e quero poder ter unha vida digna lonxe da casa dos meus pais.
Correría o ano 2046 o paro aumentaría estaríamos sumerxidos nunha gravísima crise, despois de que pasaran polo goberno Español todos os partidos e incumpriran todas as suas promesas coma xa nos teñen acostumados, e díficil pasar por calquera cidade española e non ver as familias vivindo en calquer lugar da rúa, nin sequera esfórzanse por pedir limosna porque ninguén regala os cartos, cada vez os ricos son maís ricos a costa de que os pobres sean cada vez mais pobres( cousa que actualmente esta sucedendo en medio mundo).
As escolas só teñen alumnos ata os 16 anos, xa que as familias a partir de esa idade necesitan que os rapaces traballen para poder vivir, polo que só os nenos mais con maís cartos poden permitirse o bachiller ou unha carrera.
O país é un completo desastre ningúen quere visitar España o turismo e completamente inexistente xa que as calles están cheas de mendigos os cales morren semana si e semana tamén a causa da carencia de alimentos, os supermercados e a gran maioría de establecementos están cerrados xa que ninguén ten os cartos suficientes para comprar e todas as tendas pechan(coma esta pasando actualmente no centro de ferrol).
O estado suprimiu moitisimos funcionarios dende a sanidade ou educación ata defensa xa que non dispón dos cartos necesarios para manter estes postos.
Este futuro rezo porque sexa unha burrada que só pode ser ficción, espero que esta tasa de desempleo tan alta que actualmente existe en España se solucione coa a maior brevedade e nunca maís ninguén que non se o gañara teña carencia de nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario