Hoxe vou facer unha das miñas últimas entradas para o meu blog polo que vou facer algo completamente distinto ó que fixen ata o dia de hoxe.
A entrada de hoxe vai tratar sobre a miña terra ,Galicia, e non vou falar da beleza das suas praias nin do bonito acento e menos da amabilidade dos seus habitantes, tampouco vou realizar unha crítica contra a carencia de traballo nin de unha comunidade autónoma que mórrese, vou falar do que é para min Galicia.
Galicia para min é un lugar que considero como meu pero eu digo Galicia e podería chamalo Berlín, Paris o Roma, o mais importante nesta vida non é o lugar se non as persoas que están nel, eu se algún dia voume de Galicia, eu non vou botar de menos as suas praias xa que as suas praias sen as persoas coas que a comparto no teñen ningún significado para min, por eso baixo a miña opinión Galicia en si e secundario e penso que se houbese nacido noutro lugar iba querelo igual que Galicia, os lugares son cousas superficiais como os cartos ou os bens, non digo que non sexan importantes pero con todos os cartos do mundo se non tes con quen compartilos ou tes unha enfermidade complicada non eres feliz non serven de nada, o mais importante nesta vida non é ser mellor xogando ó futbol nin o que saca as mellores notas senón ser feliz e disfrutar con o que fas, eu cando sexa maior non quero ser o home mais rico do mundo, nin o mais famoso , nin o mais guapo, eu quero ser feliz e que as persoas que quero tamén o sexan, quizais por eso este ano deixe un par de asignaturas para septembro porque mentres os demais pasabánse o día desquiciados frente a un libro eu dedicáballe unha hora e íame cos meus colegas e eu prefiro eso mil veces porque sacarei o bachiller a primeira pero disfrutando do viaxe porque na vida moitas veces o mais importante non é o destino senón a viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario