Corría o 19 de novembro do 2002 e o que para min era un dia normal salvando porque quedaban tres dias para o meu aniversario, converteuse nun dia fatídico que cambiaría a vida e mentalidade de todos nós, os galegos. Eu era un neno moi pequeno coma para comprender o que significa este suceso pero hoxe con 17 anos podo comprendelo a perfección. O 19 de novembro Galicia teñíuse de negro, cando coñeceron a noticia de este desafortunado suceso, lembro o rebumbio que formouse entre os meus familiares estaban horrorizados coa catástrofe cometida nas nosas costas, calquera pobo houbera esperado nas súas casas esperando xunto o seu televisor ou radio a ver como se solucionaba este desastre,pero nós os galegos a diferenza saímos a rúa rebelándose e loitando , comezaron as manifestacións, os movementos, as bandeiras de "nunca máis", pegatas nos coches, xente uníndose e axudando para limpar as nosas costas.. Velaquí unhas imaxes que mostran o que contovos..
Tan só tiña 3 anos e non era capaz de imaxinar a importancia de ese día, hoxe podo sentirme orgulloso de vivir ese día de ver como os galegos somos diferentes. Por sorte o por desgracia estas cousas olvidanse co paso dos anos coma por exemplo quén se acorda do terremoto de Haití? as primerias semanas todo o mundo quería colaborar coa causa e doar cartos pero o cabo de un mes xa ninguén lembraba se o terremoto fora en Haití, Tahití ou la china, e triste pero é a realidade, e eso mismo pasou co prestige hoxe a día 17 de Xaneiro do 2016, 14 anos mais tarde segue sen haber ningún culpable de este desastre parece mentira pero e a pura verdade... Para xeracións anteriores a miña foi un detonante que cambioulles a vida e se fixaste pola miña terra galicia aínda podes ver en moitas fiestras dos coches pegatiñas co famoso "Nunca maís" que a pesar que non logrou ningun culpable si logrou un cambio moi positivo para os galegos.
En conclusión, Galicia e unha terra de loitadores dende o comezo dos seus tempos no monte medulio ata os nosos días e que pense que isto e mentira e que non coñece a nosa historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario