sábado, 24 de octubre de 2015

Rochas Sanadoras en Galicia e a Santa Compaña

Galicia é unha terra onde as persoas son moi crentes, polo que cada lugar, cada recuncho e en xeral cada cousa ten o seu mito. Un claro exemplo de que calquera cousa pode ter o seu mito ou crenza esta nas supostas rochas sanadoras que se encontran por toda a rexión galega, dous das mais coñecidas son A Pedra dos Cadrís que encóntrase na localidade Coruñesa de Muxía, que ten a capacidade de curar as dores de riñon, lumbares e reuma, e A Pedra de Abalar na mesma localidade.
Aqui deixovos unha imaxe de cada unha.

Velaquí a Pedra de Avalar

Velaqui A Pedra dos Cadrís


Estas crenzas baixo o meu punto de vista son unha parvada pouco creible e moi fantasticas, entón ocorriuseme esta historia que podería mostrar a forma na que poido comezar esta lenda.

Pedriño Castro levaba semanas cun catarro e a sua nai xa había probado con todo, cucarachas con garu, ás de volvoreta, sopa de pedras e xa non sabía que mais probar para que ese maldito catarro marchara. Unha mañana decidiu que o seu fillo Pedriño non podería pasar toda a súa vida no seu castro encerrado e mandoullo a dar unha volta cos seus amigos para despexar . Pedriño fillo moi obedente decidiu acatar as ordes da súa a nai o foi dar unha volta a praia cos seus amigos Xandre e Kike. Ó chegar a praia os tres amigos puxéronse a xogar ó fútbol rocha, e Pedriño a causa do seu catarro fatigouse moito e sentouse nunha rocha. Despois de varias horas sentados na rocha Pedriño xa non estaba atascado e encontrábase moitísimo mellor que unhas horas atras posiblemente grazas os aires mariños que teñen esa capacidade , pero Pedriño, Xandre e Kike atribuíronlle esta capacidade a esta rocha. Co tempo estos tres amigos divulgaron entre os seus coñecidos esta lenda e xeración a xeración chegou ata nós.

Sen dúbida este é un exemplo de moitos de como podería chegar ata nos estas lendas. Nesta época posiblemente a fronteira entre casualidade e mito era moi curta, pero a verdade e que moitos mitos son interesantes e son unha boa excusa para visitar terras galegas cos nosos familiares, pese a reflexar a ignorancia das persoas desta época .


Outros dos mitos mais interesantes e atractivos para min é posiblemente mais coñecido nas terras Galegas, o da Santa Compaña.





A Santa Compaña según conta a lenda é a procesión dos mortos vestidos con sabanas e todo tipo de roupas fantasmacales emitindo sons relixiosos. Non todas as persoas son capaces de ver cos seus ollos a Santa Compaña. Na miña opinión esta historia é moi interesante pero ten tanto de interesante como de fantástica pero se me ocorre unha historia que podería explicar de forma razonable a orixe da Santa Compaña.

Esta historia sucedeu o 28 de Decembro na época castrense. Pedriño preparaba unha broma pesada para o seus amigos, pero non podería ser unha broma calquera sendo o dia dos Santos Inoncentes, e quería facer algo relacionado cos mortos unha das peores fobias de Xandre e Kike. Preparou a sua broma de forma moi coidadosa con sabanas e os seus primos. O chegar as 12 Pedriño e os seus primos sorprenderon a Xandre e a Kike de camiño o castro disfrazados de fantasmas, Xandre e Kike pasaron tanto medo que fixeronso nos pantalóns. Esta historia fixo tanta gracia nos días seguintes na escola castrense que cada ano decidiron repetir esta fazaña recordando esta broma de Pedriño.

Esta podería ser unha das orixes de este mito tan divertido para contar nunha de esas noites que non hai nada que facer.




domingo, 18 de octubre de 2015

Os Mouros

Os mouros son uns dos seres mitolóxicos galegos, mais coñecidos porque según a tradicción oral foron os constructores de moitos dos monumentos megalíticos galegos e castros, formaban parte de un poboado máxico que vivía en Galicia hace moitísimos anos e por raro que pareza esta palabra destinada os seres mitolóxicosgalegos posteriormente utilizouse para referirse a o forasteiro.

Existe unha pequena diferenza que poucas persoas coñecen entre mouros e mouras e é bastante importante. As mouras eran espíritus de la naturaleza en las que predomina o sobrenatural e individual mentras que os mouros eran unha raza de seres ancestrales onde primaba o colectivo, é dicir, a raza. Os mouros traballaban na orfebrería mentras que os mouras eran feiticeiras.

Estos seres vivían en tuneles no subsolo segun unha teoría pouco convencional e bastante fantástica a terra por dentro non esta chea de lava e capas como nos queren esconder os xeólogos, senón que esta e hoca e ten pequenos teitos que serven como fronteira entre mundos nos que residen seres mitolóxicos como os mouros. Esta teoría posiblemente escondena os mais sabios porque non estaría aceptada polo pobo sembrando o medo dunha posible guerra de mundos. Pensáse que nalgun lugar próximo as costas galegas existe unha cova submariña que serviría nun hipotético caso de ponte hacia o mundo dos mouros. Este mundo foi creado polos mouros tras unha guerra cos valientes campesiños galegos que tras séculos de aguantar o acoso destes seres decidieron plantarlle cara conseguindo expulsalos das nosas terras e botandoós polos acantilados mais altos de Galicia
.

Os mouros son moi importantes na cultura galega, incluso están reflexados en algúns dos textos dos mellores escritores galegos como o é Vicente Risco. Esta importancia na cultura galega dos mouros pode ter relación ca cantidade de tratos que facían estes seres cos humanos facilitándolles a vida dunha forma significativa, nestes negocios os mouros sempre pagaban con ouro e se enterábanse de que os humanos os timaban dalgunha forma este ouro transformabanse en carbón.
Tiñan unha vida moi similar a dos campesiños facendo tarefas como os mortais pero eran moitos mais grandes e fortes que estes polo que siempre tiñan o mando das terras.

Na miña opinión estos seres coma seres mitolóxicos da Antiga Grecia non deixan de ser unha resposta as preguntas sen responder de esta época, buscaban no fantástico estas resposta coma na fé cristiana quizá sea demasiado duro que despois dunha vida de chea de inxustizas e sufrimentos esta acabe sen pena nin gloria. Sen dubida estas historias a pesar de ter pouca verdade son moi interesantes y podes pasar un bó rato lendo sobre elas e informandote porque nunca esta demais saber sobre o noso pasado.Un saúdo!