O fútbol dende o comezo dos tempos é un deporte de "homes", pero co paso do tempo cada vez son mais as mulleres introducidas neste mundo, cada ano vense mais mulleres nos estadios e incluso as ligas femininas cada vez teñen mais importancia e no dia de hoxe xa hai ligas profesionais tanto en España coma no resto do mundo. O árbitro é un dos elementos mais odiados no fútbol pero tamén é un dos maís imprescindibles porque sen árbitro non habería un xuiz que aplicara o regramento e deste tema é do que vai tratar esta entrada dos árbitros, exactamente das arbitros mulleres que apesar de que non son moi numerosas cada día hai mais .
As dúas arbitras mais detacadas no fútbol galego son Yolanda Parga e Zulema Gónzalez, asistente de segunda B e árbitra respectivamente, Zulema é a primeira árbitra galega en 3 división o que é un gran orgullo por ser unha clara mostra de igualdade entre os homes e mulleres nun deporte como o fútbol o que a súa vez é un síntoma de que a sociedade vai mellorando, non obstante como árbitro podo dicir que se as faltas de respeto contra os árbitros homes son moi duras(cousa que sofro en primeira persoa) hacia as mulleres é moito peor porque ademais de árbitro a miña pasión é o balón pé e acudo a estadios de fútbol fin de semana si e fin de semana tamén xa sexa Riazor campo do Deportivo da Coruña ou A Malata onde xoga o equipo da miña cidade o Racing de Ferrol, e podo dicir que cada vez que unha asistente acude A Malata sintoo verguenza coma aficionado a este deporte porque inexplicablemente os aficionados non valoran do mesmo modo as decisións dunha muller árbitro que a dun home cando esta árbitra pode ser mellor que calquera dos homes, sen nomear a gran cantidade de insultos machistas dos cales doenme os oídos de tan só escoitalos.
Velaquí un par de fotos miñas arbitrando:

E aquí unha coas árbitras anteriormente nomeadas:
As mulleres non só neste deporte deberían ser moito mais respetadas, e aforrariamonos moitas cousas que manchan esta sociedade da cal sinto verguenza, que exista violencia de xénero dende a adolescencia nos institutos, que aún existan homes que crean que as mulleres son inferiores intelectualmente e que a súas tarefas son limpiar a casa e coidar dos nenos todo isto é lamentable pero por sorte pódese cambiar educandonos a nenos e nenas dende mozos e cambiar esta sociedade de desigualdade.